lunes, 16 de abril de 2012

Educación na rede.

Un blog ou weblog pódese definir como un espazo na rede onde se recollen de xeito cronolóxico tanto publicacións de índole persoal como chegadas de calquera medio de comunicación, coa peculiaridade de que sempre se mostrará en primeiro plano a publicación máis recente.

Pois ben, logo desta pequena introdución definirei o concepto de edublog, dicir que este termo nace da unión de education e blog e que se define como unha ferramenta orientada o aprendizaxe e a educación a través de un sistema interactivo de publicación na rede (Lara,2005).Diría como conclusión que  estes son tamén procesos de construción do coñecemento por o intercambio de información que se leva a cabo mediante esta ferramenta que permite a aprendizaxe.



O edublog serve para a publicación e almacenamento de todo tipo de noticias, acontecementos…,  que contribuirán  cunha ensinanza englobada dentro do marco constructivista ,  a unha  aprendizaxe enfocada ó diálogo, a participación e a colaboración.

Tamén se utiliza para unha correcta organización temática e cronolóxica dos diversos documentos que nel se publican.


Podemos atopar diversas ferramentas para creación de un blog entre outras as máis destacadas son:



- Blogger:(http://www.blogger.com/) é un servizo de blog en Google , considerase unha das ferramentas con máis éxito polo seu atractivo e sencillez das plantillas que presenta.


 -Acelblog:http://www.acelblog.com/) é un sistema de publicación de blogs es el sistema de publicación creado por César Laso (http://cesar.acelblog.com/).
é a ferramenta con máis oferta para o usuario xa que conta con:

  • Blog multiusuario (con permisos diferentes).
  • Sindicación de noticias de otros blogs o medios.
  • 30 megas para subir archivos.
  • Plantillas prediseñadas con opción a transformalas.
  • Etiquetas nas entradas,(tags).



-WordPress: é un sistema de xestión de weblogs pero sempre baixo unha licencia GPL. Foi creado por Matt Mullenweg a partir de outro sistema ,é de grande popularidade tanto pola súa licencia como polas súas características como xestor de contidos.




- LiveJournal: (http://www.livejournal.com)  é un sistema que consiste na instalación de un programa que evita ter que ir a unha páxina web para editar o blog,como inconvinte podemos dicir que é de pago.

             Usos dos blogs nunha pedagoxía constructivista.

Os usos dos blogs nunha pedagoxía constructivista son moi variados , pois ben conformanse do seguinte: un taboleiro de anuncios no que se refexan as noticias e os avisos das clases, diferentes fontes de información que servirán ós alumnos para elaborar os seus apuntes adquirindo ó mesmo tempo a competencia para seleccionar a información axeitada, organización de debates con tempo para unha previa preparación dos mesmos,organización de seminarios de lecturas, xestión dos contidos por parte do alumnado,medio de comunicación para alumnos/as -mestres/as,visualización de outros blogs de interés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario